Servizos funerarios

O equipo profesional de EMORVISA, encárgase de realizar unha xestión integral de todas as necesidades que poidan xurdir durante o servizo funerario para que a familia non teña que preocuparse por nada: traslados, xestión de salas en tanatorios e velorios, inhumación ou cremación, etc. Cun servizo totalmente personalizado para acompañarche neses momentos tan delicados.

Tanatorios e velorios

Contamos coas máis modernas instalacións, que se adaptan perfectamente ás necesidades dos nosos clientes.
A luminosidade e comodidade do seu deseño, a funcionalidade dos espazos e os servizos complementarios que ofrecemos, fan dos nosos tanatorios e velorios espazos íntimos, tranquilos e confortables, que axudan a familiares e amigos a soportar momentos tan difíciles.

Inhumación e cremación

Ofrecemos aos nosos clientes distintas alternativas de descanso para os seus seres queridos:

 Inhumación: Para a túa comodidade, xestionamos a loxística e infraestrutura necesarias para realizar un enterro en calquera cemiterio público ou privado.

Cremación: Unha alternativa íntima que ofrecemos con todas as comodidades nos nosos crematorios propios, ou xestionando os trámites necesarios para realizalo noutros crematorios.

Cafetería e Restaurante

Comer saludablemente, rápido, ben, con produtos de calidade preparados con esmero, é posible se aproveitarnos os servilos de cafetería e restaurante de EMORVISA. Situados ao fondo do edificio do Tanotorio, alí chégase moi facilmente, percorrendo calquera dos dous corredores porticados laterais.

Florería

En EMORVISA dispoñemos de servizo de florería para a súa comodidade. Chámenos e encargarémonos de situalos na sala de velación correspondente.

Exposición de féretros

Para facilitarlle a súa elección, en EMORVISA poñemos á súa disposición unha gran exposición de féretros de diferentes calidades e deseños.

Traslados nacionais e internacionais

En EMORVISA dispoñemos dunha moderna frota de vehículos equipada e acondicionada para o traslado funerario tanto nacional como internacional.
Poñemos tamén a disposición dos nosos clientes os servizos necesarios para a repatriación do falecido a calquera destino, garantindo en todo momento o estrito cumprimento de todos os requisitos legais e burocráticos.

Servizos complementarios

Poñemos a disposición de familiares e amigos unha serie de servizos adicionais que satisfán outras necesidades propias destas situacións:
Necrolóxicas.
Recordatorios.
Xestoría e tramitación de documentación.
Guía de axuda xurídica.
Información sobre aloxamento.
Cerimonias personalizadas.
Atención psicolóxica profesional.
Tanatopraxia.