Que facer?
Acaba de falecer un ser querido. Estamos nerviosos, abatidos, nun estado de ánimo que nos impide mesmo pensar e actuar coa dilixencia e eficacia doutras veces… Que facer?, preguntámonos. É fácil. Non habemos de poñernos nerviosos.
O primeiro é ter a man o documento nacional de identidade do falecido. E se tenia póliza de seguro de decesos, avisar á compañía aseguradora.
A continuación, pensar nunha funeraria que nos poida ofrecer servizos de todo tipo e ao máis alto nivel se así o desexamos. Desde o imprescindible ao que podamos desexar. Non hai dúbida que EMORVISA, a funeraria de Vigo, teno todo.
Como facemos?
Se o ser querido que acaba de falecer tiña póliza de seguros, chamamos á aseguradora, ao teléfono de asistencia que se indica na póliza.
Dicímoslle que queremos que EMORVISA preste o servizo e poñemos en mans do axente da aseguradora, o d.n.i. do falecido e a póliza de decesos. A partir de aí, todo estará resolto… só temos que decidir sobre o que podemos dispoñer de acordo ao contratado previamente a través da póliza.
Se non tivese póliza de decesos o falecido, é tamén moi sinxelo: chamar ao 986 212 301, 986 212 302 ou 986 212 303 e estaremos xa en linea con EMORVISA. Persoal especializado da funeraria de Vigo resolveralle todo ao instante coa única condición de poñer nas súas mans o d.n.i. do falecido. Todas as xestións, todos os pasos a dar, resolverallos o persoal de EMORVISA; vostedes xa non teñen que preocuparse de nada máis que elixir os elementos e detalles que desexan formen parte das honras fúnebres, para o que o persoal da funeraria de Vigo mostraralles todas as variadas opcións de que dispoñen. Todo se soluciona a través de EMORVISA: flores, necrolóxicas, salas de velación, salóns privados, misa, capela… absolutamente todo.