En Emorvisa poñemos a disposición das familias un asesor persoal permanente, un equipo cos profesionais máis capacitados, unhas instalacións modernas, os medios máis adecuados e unha atención precisa para que neses momentos tan delicados, as súas preocupacións céntrense só en estar cos seus.

SERVIZOS FUNERARIOS

O equipo profesional de EMORVISA, encárgase de realizar unha xestión integral de todas as necesidades que poidan xurdir durante o servizo funerario para que a familia non teña que preocuparse por nada: traslados, xestión de salas en tanatorios e velorios, inhumación ou cremación, etc. Cun servizo totalmente personalizado para acompañarche neses momentos tan delicados.

TANATORIOS E VELORIOS

Contamos coas máis modernas instalacións, que se adaptan perfectamente ás necesidades dos nosos clientes.

A comodidade do seu deseño, a funcionalidade dos espazos e os servizos complementarios que ofrecemos, fan do noso tanatorio e velorios espazos íntimos, tranquilos e confortables, que axudan a familiares e amigos a soportar momentos tan difíciles.

ALBIA ASESOR

Poñemos a disposición das familias un servizo gratuíto de asesoramento telefónico xurídico, a través do cal, obterán resposta a calquera dúbida que lles poida xurdir referente aos trámites asociados a un falecemento. Consultas como sucesións ou herdanzas, pensións, cambios de titularidade, obtención de certificados, etc.